• FECHA : 2020
  • SITUACIÓN : Lalín, Pontevedra
  • PROYECTO : Reforma local
  • CLIENTE : Café Camilo
PROXECTO

Reforma Local

A reforma do Café Camilo supuxo un reto especial para o noso estudo por conter dentro das súas paredes parte da historia da vila de Lalín.

O Café Camilo leva aberto en Lalín desde o ano 1930

O esforzo principal consistiu en acadar un conxunto que combinara o ambiente clásico coa integración de toques contemporáneos.

A fachada con reminiscencias modernistas e ornamentos deseñados de maneira específica son toda unha declaración de intencións do que un se vai a atopar no seu interior.

A barra, as vitrinas posteriores, o xogo de espellos en referencia aos que existían, a combinación de alfombrados de mármore nos pavimentos, cornisas e molduras en teitos, unha iluminación indirecta e sutil así como a recuperación de elementos identitarios pretende crear unha atmosfera acolledora, renovada, e un tanto poética.

A planta primeria unida o café, mediante unha arquitectura máis sobria e contemporánea alberga unha sala de exposicións e pequenos actos que deixa fluir a cultura.