Fotografías por Iván Casal Nieto (www.ivancasalnieto.com)
Deseño: Martín Toimil (arquitecto paisajista)
A localización privilexiada da Praza de Oseira dentro da área do centro urbano en Rodeiro, expón durante a fase de elaboración do proxecto convertela nun lugar de referencia para a relación social e comunitaria dentro do núcleo urbano de Rodeiro.
Fotografías por Iván Casal Nieto (www.ivancasalnieto.com)
Deseño: Martín Toimil (arquitecto paisajista)

A proposta fundaméntase na idea de conxunto de praza e contorna urbano. O concepto baixo o cal se desenvolve a formulación consiste en crear un espazo no que exista unha relación directa entre a beirarrúa e a praza en todo o seu perímetro. Faise uso de elementos de granito, tanto como pezas de chan con distintos tipos de despezamento, que serven de fusión-transición entre ambos espazos, como dentro da praza, ao usalos como mobiliario en forma de bloques (paralelepípedos) que crean zonas máis abertas e outras máis íntimas, espazos diversos e atractivos para todos os usuarios, que lles convide ao seu uso como lugar de encontro. Os elementos de granito son versátiles, sendo o propio usuario quen definirá o seu uso como asento, mesa, zona de xogo ou calquera outro.
Para protexer as raíces das árbores centenarias no perímetro das beirarrúas (carballos e castiñeiros) e que se atopan nunha cota superior, acondiciónase e rehabilita o antigo muro de cachotería existente deixando este a modo de banco corrido. Recolócase a escultura existente no espazo nun lugar que poña en valor o seu significado, ao mesmo tempo que permita o seu goce por parte dos usuarios na toma diaria do espazo común.




