• FECHA :
  • SITUACIÓN : Pontevedra
  • PROYECTO :
  • CLIENTE :
PROXECTO

ORAL

Pártese dun local en planta baixa para ubicar as oficinas de atención ao público da nova sede central do ORAL con acceso dende a rúa e dende o patio da mazá posterior e dun requisito fundamental establecido polo promotor: a colocación dunha reixa de seguridade que garante a protección do local as 24 horas do día. Por este motivo, o proxecto vira ao redor das súas fachadas.

Fotografías por Iván Casal Nieto (www.ivancasalnieto.com)

A idea parte da base de cumprir este requisito sen deixar ao carón a parte estética e por iso, o elemento de seguridade deberá formar parte da fachada. Exponse unha celosía metálica de pletinas verticais lacada en branco. Tras esta, unha enorme cristaleira de chan a teito permite que desde o exterior se tamice a visión e a luz, garantindo unha total seguridade, mentres que, desde o interior, a presenza deste elemento minimízase, permitindo unha visión completa do exterior. O acceso ao local faise en cada un das fachadas atravesando unha parte da celosía que se deixou practicable, que cando está pechada funciona como fachada continua.

No interior xógase con acabados limpos e tons claros, acordes coa imaxe corporativa do cliente. Como acabados óptase pola utilización dun pavimento continuo en tonalidade gris suave, con paramentos e teitos en branco, que nos axudan a gañar en luminosidade. O espazo interior é diáfano, e configúrase cun biombo intermedio seguindo a liña argumental das fachadas, dispoñendo para os distintos postos de traballo mobiliario en liñas rectas.