• FECHA : 2024
  • SITUACIÓN : Lalín
  • PROYECTO :
  • CLIENTE :
PROXECTO

Reforma e ampliación do local de Lalinense

Remontámonos ó ano 1949 para ver nos inicios de Embutidos Lalinense, empresa familiar referente no sector cárnico en Galicia. Dende os seus inicios ata a día de hoxe seguen elaborando embutidos dun xeito tradicional, incorporando tamén modernidade desenvolvendo innovadores produtos. Rescatando a súa filosofía, nace un proxecto e un novo espazo que pretende mesturar tradición e modernidade.

Fotografías por Iván Casal Nieto (www.ivancasalnieto.com)

Unha tenda que medra con respecto á anterior carnicería e que se moderniza, albergando novos usos, diferenciándose dunha carnicería tradicional. Decídese aunar unha mestura de materiais na máis pura esencia, como son a pedra vista dos muros, a madeira na entrada do local, elementos estructurais e cerramento do altillo e a estructura metálica vista, coa parte técnica da execución da obra.

O proxecto conxuga dous espazos que se unifican: a antiga carnicería e a vivenda colindante. No exterior mantense o mesmo aspecto que tiñan as edificacións, xerando diante un espazo de aparcadoiro adoquinado. No interior, o proxecto devídese en dúas zonas, unha primeria en planta baixa que se corresponde coa antiga zona de venta e vivenda colindante que conta con un espazo destinado a expositores, amplia zona de traballo interior, zona de exposición para diferentes productos, obrador, dúas cámaras frigoríficas e un aseo. A segunda en planta alta destinada á sala de conferencias e visitas que “flota” sobre a zona de venta. Trátase dunha caixa de lamas de madeira con unha gran cristaleira como fonte de entrada de luz natural á mesma, permitindo unha relación visual entre os espazos interiores e o exterior.