• FECHA : 2020
  • SITUACIÓN : Silleda, Pontevedra
  • PROYECTO : Rehabilitación integral
  • CLIENTE : Mosteiro de Carboeiro
PROXECTO

Rehabilitación Mosteiro de Carboeiro

Nun enclave idílico pertencente a Red Natura atópase o Mosteiro de Carboeiro, deteriorado polo paso do tempo. Esta actuación é a mostra de que cun pouco de carino conséguense resultados sutís que benefician os nosos monumentos de maneira incalculable.

A misión do proxecto era clara: solventar patoloxías e resolver o deterioro do paso do tempo para poner en valor o monumento.

Cunha actuación moito mais modesta que as realizadas anteriormente, acométense tarefas de limpeza e mantemento para evitar que o mosteiro siga deteriorandose.

Refaise parte do muro caído na zona oeste, recupérase o carreiro que circula pola parte posterior e desde o que se apreza a enormidade da cabeceira da igrexa, actúase na casa monacal para reparar os danos do paso do tempo e do clima. Finalmente, recupéranse as pinturas do abside e a portada sur, mostrando o esplendor dos seus recursos artísticos.

Dentro do claustro, actúase sobre os muros de peche e reconstrúese o pequeno miradoiro dende o que se albisca o leito do Río Deza a través dun denso filtro de rica vexetación autóctona.

A actuación no seu conxunto buscou recuperar co mimo preciso que este ben patrimonial prevaleza vivo ata o albor dos tempos.