O reto foi conseguir que unha vivenda tradicional galega entre medianeiras, con antigas cuadras na planta baixa e vivenda na parte superior, se adaptase as necesidades actuais dos seus propietarios.

Partiuse da necesidade de aumentar o espazo das estancias e, sobre todo, conseguir unha maior entrada de luz natural.
Así, xorde a idea de crear un pequeno patio na pranta alta que se abre e bana de luz un único espazo que acolle a cocina e a zona de estar. Do mesmo modo, xenérase unha apertura vertical no lateral da vivenda que permite a iluminación natural e as vistas ao exterior dos dormitorios.
Mantense o volume orixinal da edificación resolvendo a cuberta a dúas augas, deixando que a súa forma trasladese ao interior e conseguindo un espazo con personalidade propia.
A pedra, a madeira e a cor branca combínanse buscando o equilibrio entre o tradicional, a calidez e a luz.


